Iso mesmo é o que probablemente se preguntaban os mozos e mozas que participan no taller «Xornalista por un día» ao comenzamento do día.
E as súas respostas, quizáis, vaian na liña dos familiares dunha empresa de comunicación de Zaragoza que decidiu preguntarlles si sabían ao que se dedicaban:
Durante o taller «Xornalista por un día», a rapazada aprenderá en primeira persoa a importancia de contar cun equipo de comunicación que coordine a difusión que se fai dun evento, que unifique e clarifique as mensaxes que transmítense e que produza materiais informativos interesantes e atrativos.
Durante os días de hoxe, 8 rapaces de entre 11 e 15 anos conformarán o equipo de comunicación do LAV. A partir de agora, todo o que leades neste blog será froito do seu traballo: eles escribirán as noticias, farán as fotografías, xestionarán as redes sociais e atenderán aos medios de comunicación.
Agardamos que, tamén vós, disfrutedes deste traballo a través das pantallas dos vosos dispositivos 🙂
Comezamos!
#LAVenAcción