Home

lav1

Texto: Alba Cerqueiro e María Carballido

Fotos: Xurxo Guitián

 

O Laboratorio Audiovisual de Vedra (LAV), creado en 2009 por persoas interesadas na cultura cinematográfica, organiza este ano diversas actividades relacionadas coa arte e a cultura audiovisual. Por exemplo, o obradoiro de creación de videoclips ou guión de cine. É a novena edición dun encontro polo que xa pasaran máis de 1.000 alumnos.

No ano 2008 a afección cinematográfica de Abelardo Rendo, xunto con certo interese na aprendizaxe audiovisual, levouno a organizar diversas actividades lectivas pola comarca de Vedra en diante. Aínda que non tivemos a oportunidade de entrevistalo, un dos seus compañeiros admite que ao comezo parecíalle unha aposta un pouco tola. Pero non estaba só: xunto con el, un grupo de persoas constitúen dende a primeira edición a organización do LAV. Falamos de Ramón Clavijo, Marisa Otero e Fernando Lema.

Eles son as persoas que están detrás deste evento, pero tamén hai quen vaise sumando á organización, coma Carla e Lucía, as integrantes máis recentes. “Queremos contar cunha nova xeración se de conta de que pode participar neste evento”, afirma Ramón Clavijo.

“Para nós, este é un proxecto de colaboración que facemos persoas que teñen gusto polo audiovisual”, sinala Fina Guitián, a súa presidenta. E para levalo á práctica crearon a asociación Senunpeso; ao principio, o levaron a varias parroquias da comarca, pero o feito de establirse no CPI de Vedra fixo todo moito máis sinxelo.

Na súa creación, a idea principal era aprender a facer curtametraxes. Organizaron o LAV en dúas fines de semana: unha orientada á teoría e á planificación e outra á creación do filme propiamente dito. Ao respecto averiguamos que algúns alumnos acabaron queixándose da tensión que resultaba ter que facer unha curtametraxe en só dous días.

Posteriormente convocaron obradoiros máis concretos que se centraban en partes explícitas da curtametraxe. Había, entre outros, un obradoiro de son semellante ao que este ano se está a desenvolver.

Un dos principais problemas da creación do primeiro LAV foi a organización dos membros. Tiveron que encontrar unha fin de semana libre en común, e aínda hoxe as reunións planificativas convócanse a partir das oito, cando todos terminan a súa xornada laboral.

lav2

María Lobo e Ramón Clavijo durante a entrevista

Unha cuestión curiosa no LAV é o retorno de profesores anteiores noutras edicións e máis a incorporación contínua de novos docentes, o que para a organización é unha particular forma de “reciclaxe”. Moitos organizadores comentan que lles parece unha boa idea ir cambiando de monitores en cada edición. Así aumenta a diversidade de opinión e os puntos de vista con respecto ás artes audiovisuais. E moitos se acaban enganchando, coma María Lobo, que veu por primeira vez como profesora hai catro anos: “Gustoume moito a o ambiente e por iso repetín colaborando nun taller para nenos e na organización”.

Poderíase dicir que o LAV é un proxecto algo familiar. Na maioría das veces os novos profesores son convidados polas súas relacións persoais cos veteranos, pero sempre contando cunha formación profesional no tema. Dende logo, nós sentímonos en familia 🙂

Por suposto, como en todos eventos, non faltan imprevistos. Un dos creadores comenta que nos seus obradoiros sempre faltan cables. Esperamos que non nos falten a nós para que hoxe poidamos seguir escribindo historias coma esta.

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s