Home

lav

Texto e fotos: Adrián Noia

 

Hoxe comezou o LAV 016 no cal 150 alumnos participarán durante a fin de semana nun dos 11 obradoiros de temas audiovisuais que se programaron nesta edición. Un deles é o de Interpretación para a televisión, impartido por Mariana Carballal, licenciada en Arte Dramática, onde está a explicar como é o seu xeito de ensinar a construír a personaxe, un eixo fundamental para desenvolver o traballo de creación.

“No momento en que traballas precisas de concentración e, aínda máis, antes de comezar xa que neses intres, se che provocan algo, pódese estragar o espectáculo”, comentou a profesora nunha das súas intervencións na clase. Os alumnos dividíronse en parellas para traballaren os seus diálogos e as súas personaxes de xeito que, coas recomendacións da profesora, todos aprendesen uns dos outros.

Escoitando as palabras da profesora Carballal, percibíase que interpretar non consiste en que, nun determinado momento, logres “chorar ou rir” se cho piden, senón en facer que a personaxe sexa propia e que o espectador vexa realidade; con isto dáse a entender que non se pode interpretar o guión igual ca como se le.

Unha das cousas nas cales se podía ver a familiariade era o humor entre todos eles, pódese chegar a lograr cousas máis traballadas ca se non o houbera.

Para a axudante de cámara, a visión dende fóra da escena é diferente. Ela cre que o seu papel na industria é dunha persoa secundaria. Tal e como dixo nunha entrevista, a reacción do que escoita a escena é máis importante ca a do actor ou a actriz que a interpreta. Este é un dos erros principais e comúns da industria: non atribuír a importancia á reacción dos espectadores que realmente ten.

Nunha das preguntas á cámara, declarou que Vedra, un lugar non tan coñecido, está a axudar os actores novos que aínda non chegaron ós platós. Agora, grazas ó LAV, poderían conseguir a ferramenta que lles facilite o acceso á industria.

 

 

 

 

 

 

Anuncio publicitario

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s